Icono gráfico de piedras de Gáliva izquierda
Icono gráfico de piedras de Gáliva derecha

Deseñamos o teu encargo a medida?

En Gáliva, cremos que os momentos importantes merecen ser celebrados con pezas igualmente especiais. Por iso ofrecemos a posibilidade de crear pedidos personalizados para vodas, bautizos, festas ou outros eventos, elaborando obxectos únicos que reflictan a esencia da ocasión e de quen a celebra.

Que podemos crear para o teu evento?

Ademais das nosas xoias, deseñamos e producimos en 3D outros artigos que se adaptan á estética máxica e elegante de Gáliva: marcapáxinas, chaveiros, amuletos decorativos ou outros obxectos 3D únicos.

Todos eles pódense mercar como un agasallo orixinal para convidados ou seres queridos, e algúns destes deseños permiten a personalización con gravados: nomes, datas especiais, iniciais, frases ou mesmo o logotipo da túa empresa.

Ademais, ofrecemos a posibilidade de aplicar descontos en paquetes nalgunhas das nosas xoias de colección, para aqueles que desexen regalalas como recordo especial dun evento.

Papelería e Deseño de Eventos.

Como deseñadora gráfica e fundadora de Lucina Estudio, tamén podo axudarche a completar o teu evento con deseño gráfico personalizado:
Invitaciones diseñadas a medida
Invitacións deseñadas a medida
Tarjetas de agradecimiento
Tarxetas de agradecemento
Papelería temática
Papelería temática
Packaging, etiquetas y productos regalados
Envases ou etiquetas para artigos de agasallo
Este servizo pódese reservar a través da páxina web de Lucina Estudio ou directamente a través do formulario desta páxina.

Queres facer un pedido especial?

Por favor, enche o formulario seguinte, informándome da túa idea, o tipo de evento e o número de unidades que necesitas. Contactarei contigo o antes posible para ultimar todos os detalles e proporcionarche un orzamento adaptado ás túas necesidades.

¡Su mensaje se ha enviado correctamente!

¡Gracias por contactar con Gáliva! En el menor tiempo recibirá respuesta al problema o duda planteada en el mensaje.