"Cada xoia nace dunha historia. Descubre a aldea que vive dentro de ti."
A orixe de Gáliva...
Inspirada na tradición oral, nas lendas celtas e no poder simbólico de Galicia, Gáliva non é só unha marca de xoias: é a porta de entrada a un mundo mítico. Este universo nace dunha reinterpretación creativa da historia ancestral da Gallaecia, onde Breogán —figura lendaria do folclore galaico— funda un reino dividido en dez vilas, cada unha delas establecida por un dos seus fillos.
Estas aldeas encarnan diferentes xeitos de ver e experimentar o mundo, reflectindo unha ampla gama de personalidades e valores. Desde as máis introspectivas ata as máis rebeldes, cada unha garda un tesouro, un símbolo e unha historia que te invita a atopar o lugar onde pertence a túa alma.
"O mundo de Gáliva naceu do exilio dunha antiga liñaxe. De cada ruptura, unha aldea. De cada aldea, unha xoia. Vestir unha é levar contigo un fragmento desta historia máxica, feita para acompañarte e lembrarte quen es."
A túa aldea, a túa liñaxe.
Cantos comparten a túa esencia?
Luar
Ainé
Brath
Brétema
Doros
Galiarda
Silema
Brigantia
Navaína
Vindraga
Reclama tu escudo en Gáliva
Antes de adentrarte en las tierras de Gáliva, debes formalizar tu procedencia. Diez facciones, una sola alma compatible. ¿Eres un alma guerrera, curandera, o quizás una erudita que encuentra inspiración en las estrellas? Responde con absoluta honestidad. Tu verdadera naturaleza está a punto de ser grabada en el mapa.
Que fai que as nosas pezas sexan diferentes?
“En Gáliva, cada xoia é unha obra de arte que conta unha historia única. Deseñadas con tecnoloxía de impresión 3D e elaboradas con PLA de alta calidade, as nosas pezas sométense a un meticuloso proceso de posprodución, que inclúe o lixado e a aplicación dun verniz transparente que garante durabilidade e un acabado de alta calidade (MTN PRO Acrylic Varnish Spray). Non son só accesorios: son talismáns, símbolos, identidade. Cada peza non só ten un profundo significado, senón que tamén reflicte a fusión da tradición artesanal e a innovación, inspirada na esencia da natureza gallega que nos impulsa en cada creación.”
